| Obras no Club de Remo Robaleira |
| domingo, 10 de mayo de 2009 | |
Nota da Directiva:
A directiva do Club de Remo Robaleira quere poñer en coñecemento dos socios, remeiros e demais aficionados interesados que o vindeiro luns escomenzan os traballos de reforma das instalacións do Club de Remo Robaleira. Ditas obras executanse con fondos do "PLAN ESTATAL DE INVERSIÓN LOCAL" coñecido popularmente como "Plan E" ou "PLAN ZAPATERO", O proxecto "REFORMA Y AMPLIACIÓN DEL CLUB DE REMO ROBALEIRA" que recolle as obras foí redactado polo Arquitecto Tecnico Municipal, ACADA UNHA INVERSIÓN DE 124.147,05€, e a empresa adxudicataria e MMOVEX VIAL, as obras previstas que cumpre subliñar son as seguintes:
*Rematar as diferentes cubertas planas existentes, que na actualidade non contan con impermeabilización nin aillamento.
*Sustitución da actual cuberta, na zoa de fosos de chapa sinxela, por unha tipo Sandwich con aillamento. *Sustitución do entramado estructural métalico de soporte da estructura de cuberta descrita, que na actuialidade está en mal estado dado os anos transcurridos, a natureza do mnaterial, e a situación exposta do mesmo a salitre e demáis. *Formación dos peches laterais frontais e traseiros da cuberta da zoa de fosos, que na actualidade estaba pechada por unha provisional a base de policarbonatos transparentes (as coñecidas coma uralitas plasticas" que non ofrecen un cerramento adecuado e que instalaran anos há as directivas e remeiros do club, con o seu bo facer. *Ampliación do recinto adicado a ximnasio con a formacións de dous volumes laterias ubicados sobre aos laterais do edificio actual, estes dous volumes son dous prismas acristalados na sua totalidade con cuberta plana de cinc, que premite crear duas novas salas, unha aloxará a zoa de maquinas e ergómetros, e outra para a zoa de musculación e pesas, deixando as zoas que ocupan estas na actualidade para ximnasio de quencemento, espaldeiras, abdominais, etc. *Aprovietase para rematar certos traballos que que como en moitas das nosas casas nos acontece que dende que marcharon os obreiros na quela fase na que se levou a cabo a obra principal, por falta de medios quedarón sen rematar, temos zoas pendentes de lucir e pintar, a iluminación está nalgúns puntos con bombillas, sen equipamentos adecuados ou recliclados e noutros casos escasa ou inexistentes, aprobeitaremos para rematar na medida do posible este capítulo. Aproveitamos dende este noso escaparate para dar as nosas mais expresivas gracias tanto os Remeiros, Directiva e socios a Alcaldía de A Guarda encabezada polo Sr. Alcalde Sr. Xosé Manuel Domínguez Freitas, e o Concellal de deportes Xavier Crespo, e que se fae extensiva o resto do equipo de goberno, por lembrarse de nos e apoiar o deporte e en especial o Remo, que si ben non é dos populistas, si é o noso deporte, o ser o que esta maís preto da xente do mar.
A Guarda a 9 de Maio de 2009
A Directiva. |
| < Anterior | Siguiente > |
|---|






























Instalacións 