Sr. D. Serafín González Pacheco
Presidente do "CLUBE DE REMO ROBALEIRA"
C/ ROSAL- MUÍÑO DE ABAIXO S/N
36780 A GARDA ( PONTEVEDRA)
7 de Xuño de 2010
Moi señores meus: en primeiro lugar quero enviarlles un cordial saúdo e
rogarlles que non se tomen a mal que me dirixa a vostedes con esta
carta, sen
ter o gusto de falar persoalmente previamente.
O motivo polo que o fago é para solicitarlles a súa colaboración para
axudar que
noso equipo "CLUBE DE REMO ROBALEIRA" realice coa súa axuda unha das
regatas da
Liga Galega de Traiñas, no porto da Guarda o día 24 de Xullo do presente
ano.
Probablemente vostedes xa coñecen o CLUBE de Remo Robaleira, sendo en
Banco Fixo
na categoría de Bateis o terceiro no medalleiro español, habendo
conseguido
ademais esta tempada:
✔ xuvenil femenino: 1º posto Campionato Galego de bateis
2º posto Campionato de España de bateis
2º posto Campionato Galego de traineriñas
3º posto Campionato de España de trainesiñas
✔ xuvenil masculino: 2º posto Campionato Galego de bateis
3º posto Campionato de España de bateis
1º posto no Campionato de Galego de Traineriñas
1º posto no Campionato de España de
Traineriñas
E en categorías superiores como Traineriña conseguiuse o primeiro ano de
participación en liga (ano 2009), un moi loitado 3º posto no Campionato
de
España ,e nesta Tempada 2010 acabase de conseguir o primeiro posto no
Campionato
Galego celebrado a pasada fin de semana e mais recentemente o Campionato de España por primeira vez na hisoria do noso clube. Cabe
destacar tamén
que as rapazas de Robaleira están participando no campeonato de
traineriñas
cedidas ó clube Naútico de Vigo, conseguindo un segundo posto no
campionato
Galego, e tamén un fantastico 3º posto no Campionato de España.
E por todo isto e porque as ganas por conseguir novos triunfos ós
deportistas
non lles faltan, este ano ímolo a intentar coa Raíña do Banco Fixo, A
Traiña.
Somos novatos nisto, pero coa colaboración do Concello da Guarda, xa
fixemos a
inscrición da liga galega, e solicitouse á liga e xa aceptaron que a
regata na
Guarda sexa o 24 de Xullo do 2010. A liga fórmase por 16 clubes de remo
para
facer un total de 17 regatas celebradas os sábados e domingos da tempada
estival.
Por primeira vez na historia deste CLUBE vaise participar nesta
categoría do
Banco Fixo, a traiña, o cal como vostedes saberán é como a primeira
división do
Banco Fixo, a afección que move esta modalidade é moi superior á media
das
categorías inferiores, que como apuntaba o diario de Ferrol no
Campionato de
España de bateis :” a última xornada da competición, seguida por preto
de tres
mil persoas, deu colorido á zona do Porto de Ferrol e constatou a boa
organización que, recoñecida polos integrantes de case todos os CLUBEs
participantes, ten a cidade de Ferrol para levar a cabo este tipo de
acontecementos”.
Pois ben, posto que nos propuxemos pasear o nome do noso pobo unha vez
máis por
toda Galicia, e ademais promover A GUARDA axudando no sector turístico
organizando unha regata o día 24 de Xullo do 2010, ao que acudirán as 16
tripulacións de Traiñas ,máis os directivos dos respectivos clubes,
ademais de
toda a afección que iso leva , e as autoridades que a organización da
liga
invita, podemos estar falando dunhas 2.000 persoas que estarán desde
primeiras
horas do día no noso pobo, consumindo e axudando ao sector hostaleiro e e
ao
sector servizos da nosa vila.
Por todo iso é polo que solicitamos a súa axuda e pómonos en contacto
con
vostedes posto que o orzamento necesario para participar nesta liga é
elevadísimo, e nestes intres o CLUBE necesita a axuda de todas as
empresas e
particulares posibles, necesitamos a súa axuda como patrocinador ou
colaborador
, axudando ao CLUBE en materia económica cada un como poida,
dando máis ou menos, en función das súas posibilidades. Sabemos que hoxe
en día
a cousa esta moi mal, pero necesitamos facer algo por estes deportistas,
os
obxectivos do CLUBE son : fomentar o deporte participativo, fomentar as
relacións con outros mozos e fomentar o traballo en equipo. E para iso
temos un
punto forte: un persoal novo e con ganas de triunfar; pero temos un
punto moi
vulnerable: un orzamento moi reducido.
Por todo elo: AXUDA AO REMO, AXUDA AO CLUBE DE REMO ROBALEIRA.
Se están interesados na proposta, rógolles encarecidamente que me
contesten
cunha resposta positiva ou negativa, ou se poñan en contacto coa nosa
Secretaria
no teléfono 650 018 496 para poder concertar unha cita.
Para un primeiro achegamento, achégolles un dossier no que atoparán de
xeito
detallado, algúns datos que poden servirlles para poder avaliar o seu
posible
interese neste proxecto.
Queda á súa plena disposición toda a Xunta Directiva do C.R. ROBALEIRA
para
informarlles de canto crean convinte :
✔ PRESIDENTE: SERAFIN GONZALEZ PACHECO
✔ SECRETARIO: MANOLI PACHECO BARBOSA - TELEFONO: 650 018 496
✔ TESOUREIRO: CARMEN BARBOSA PACHECO
✔ VICEPRESIDENTE: JOSE GONZALEZ ADROVER
✔ DELEGADA: MARI LUZ COBALLES FERNANDEZ
O C.R. ROBALEIRA desexaría pechar en breve os acordos con patrocinadores
e
anunciantes, para poder traballar con tempo e previsión POSTO QUE NOS
QUEDA
MENOS DUN MES, e posibilitar así un mellor axuste de intereses entre
ambas as
partes.
Confiando merecer a súa atención e reiterando a nosa total
dispoñibilidade para
ampliar a información adxunta, saúdalles atentamente e agradézolles o
seu tempo
e as molestias que puidese ocasionarlle.
Atentamente, na Guarda a 03 de Xuño de 2010.
Serafin Gonzalez Pacheco
Presidente
Clube de Remo Robaleira.
CONTRAPRESTACIÓN QUE OFRECEMOS A CAMBIO DA COLABORACIÓN DA SÚA
EMPRESA.
✔ Difusión da súa imaxe no noso material (Traiña ), tanto en
competicións
como en adestramentos, ao longo de todo o territorio Nacional, ámbito no
que
desenvolvemos o noso deporte.
✔ Naturalmente a marca, nome ou logotipo da súa asociación estará
estampada no
equipamento ( chalecos, polos camisetas, chandal), o que significaría
unha gran
oportunidade de publicidade , chegando así a máis futuros clientes.
✔ Tamén mencionar, que os resultados e a clasificación completa da liga ,
aparecen todas as semanas en prensa autonómica ( FARO DE VIGO, LA VOZ DE
GALICIA, ATLANTICO DIARIO, Etc., e ata nalgunha revista do sector de
tirada
nacional. (Revista Remo da Federación Española de Remo ).
✔ Gran parte das Regatas son televisadas pola TVGA.
✔ Promocionar a súa empresa tanto dentro do club como no ámbito das
instalacións
deportivas nas que adestramos ou traballamos (ximnasios, piscinas e
cursos e
conferencias ).
✔ Publicidade dentro da nosa páxina web www.robaleira.com .
✔ Poden elixir a axuda que queiran, equipamento, económica, publicidade
en
embarcacións ou furgonetas.